Obradoiros e eventos educativos

Levo moitos anos creando historias a partir de debuxos e palabras, e agora gustaríame compartir todo o que aprendín. Teño dispoñibles obradoiros dende o nivel máis básico ata cursos de varios días detallando como se leva a cabo a creación dunha historia visual. Estou aberto a colaborar con centros educativos, bibliotecas, librarías, concellos e eventos de toda clase.

Público: Todas as idades.
Idioma: Castelán e galego.

Aparicións en prensa

eventos dispoñibles


Presentación de «Incoloro: A profecía dos sangues»

Coñece as terras de Aórtica, onde a xente está enfrontada pola cor da súa sangue, neste cómic de fantasía xuvenil, presentado polo propio autor.

Público: Todas as idades.
Idioma: Castelán e galego.
Duración: 1-2 horas.

Descubre o comic

Coñece o mundo desta historia de fantasía xuvenil no que a xente está dividida pola cor do seu sangue

Aprende como se fixo

Contarei a miña experiencia creando o comic, de onde xurdiu a idea e como puiden rematala.

Sesión de sinaturas

Ao remate da presentación, asinarei exemplares do comic  con marcapáxinas exclusivos de regalo

Obradoiro de Criaturas Fantásticas

Un obradoiro de introducción no que se ensina á cativada a utilizar a súa imaxinación para crear animais para mundos de fantasía.

Opcional: sesión de firmas do autor ao remate.

Público: Todas as idades.
Idioma: Castelán e galego.
Duración: 1-2 horas.

Coñecer a fauna e flora

Para inventar, primero hai que coñecer a realidade. Que animais e plantas existen que poidan servir de inspiración?

Imaxinando criaturas

Xa sabemos como son os animais, que pasa se os cambiamos de tamaño ou lles engadimos algo?

Creando as propias

Deixamos voar a imaxinación para crear as nosas propias criaturas fantásticas!

Obradoiro de Creación de Banda Deseñada

Unha sinxela introducción á creación dos tamén chamados cómics ou tebeos. Ensinarase o proceso creativo dende a idea inicial ata a o libro final.

Opcional: sesión de firmas do autor ao remate.

Público: Todas as idades.
Idioma: Castelán e galego.
Duración: 1-2 horas.

Idea inicial

De onde saen as ideas? Que queremos contar nunha historia? Cal é a mensaxe?

Personaxes e guión

Coa idea en mente deseñamos os personaxes e escribimos o guión da historia que queremos contar.

Facendo unha páxina

Como exercicio, se ensinará a facer unha páxina: guión, bosquexo, tinta e cor.

E moito máis

Teño máis obradoiros dispoñibles e ademáis estou aberto a colaboracións e ideas novas. Consegue toda a información descargando o PDF ou contactando comigo.

necesitas máis información?